Freitag, Dezember 02, 2005
SICARIOS DA PALABRA
A oralidade toma Vigo , hoxe venres na sala sete mares e durante toda a fin de semana podes palpar e saborear o estado da palabra maís desafinate, os amigos da Asoción Cultural Valadares organizan ista 9º edición do antigo festival de regueifas que tivo a honra de contar co xa desaparecido Calviño , auténtico mito dentro da música popular galega. Dende zimmer103 queremos amosar a nosa máis sinceira admiración hacia ista xente que está a facer un traballo enorme pola construcción de pontes entre o pasado e o presente. A ensaladilla sound system dende Cataluña que mistura electrónica e oralidade tradicional vai ser de seguro o gran puntazo diste festival, sen esquencer por suposto ó Caruncho e ó Canario que manterán acesa a chama galega-portuguesa todo elo salpicado cos desafíos dialécticos chegados dende as rúas máis quentes de Bogotá , para os que non poidan achegarse ate a cidade do menisco de mamut ou da empanada de cebola que cantaban os resentidos, hoxe venres no Luar da tvg, os regueifeiros Colombianos van facer unha supomos que espectacular improvisación . Contra as aduanas imposibles , tráfico ilegal de linguas!!