Dienstag, November 29, 2005

3º ACTO MANDïLIKO

Hai xa tempo que non piso a miña faceta de simio, hai tempo que non fago ningún acto mandrílico e hai tempo tamén que tiña ganas de retomar esta vida parela. A volta ao simio que pretendo ser, fágoa ao fío dunha idea que zimmer103 xa tiña apuntado, non so neste medio escrito senón tamén a través das ondas en e-music: a loita contra unha BSO establecida. Certamente esta idea un tanto difusa e pouco concreta, tomou forma na edición número 6 de e-music. Unha das formas máis actuais desta corrente invisible é o trio lisboeta Donna María que remexeron no máis fondo da música tradicional portuguesa para traela ao presente (ou incluso ao futuro) cuns sons rociados de electrónica e contemporaneidade. No rescate da tradición non estiveron sos os Donna María, foron axudados por grandes da música portuguesa (Toni Matos, Vitorino...) que puxeron a súa alma e a súa voz en "Tudo é para sempre", un disco cheo duetos vocais, paixón e esencia lusa. O tratamento da tradición que non caeu en tópicos nin en flocorismo excesivo e a conservación, como non podía ser doutro xeito, do idioma portugués fan de Donna María o grupo perfecto para loitar contra unha BSO establecida.
Este concepto xa ensaiado, e con grande éxito, por outros grupos, como os populares Gotan Projec; que trouxeron a Europa o tango a rirmo de beat con impresionante elegancia. E chegados a este punto, un pódese preguntar se en Galicia temos a alguén que dende a electrónica recolla a tradición e nela, o idioma; a resposta é: Safari Orquestra.