- Para non caer en discursos apoloxéticos ou enfarragosos, podería resumir dicindo que queremos ter en conta aos cidadáns, á xente, como primeira opción ideolóxica. A cultura, que non se nos esqueza, é opción, escolla, camiño, e non pode ser nunca neutral. Nós acreditamos na cultura con, desde e para os cidadáns, e tamén pola aposta pola di

- Sabemos en zimmer103 do teu gosto polas regalices e lambetadas várias que se ofrecen nos quioskes, pero á marxe distas exquisitas chupetadas, as publicacións ofrecidas nise contexto, xornais, revistas , coleccionables de todo tipo e incluso a pornografía son campos da edición con moi pouca ou nula presencia da edición en galego, como ves istas importantísimas eivas?
- Pouco hai, ou nada. Positivas ten unha colección erótica, e Xerais dous libros de certo éxito no seu momento. Pero o sistema cultural galego, e en concreto o da edición, non dá de momento para coleccionábeis, revistas, ... Eu penso que podería dar, pero ás veces falta visión nos propios editores, falta focalizar ben cales son os destinatarios das revistas, iso que fan tan ben os editores da Woman, da Man, da FHM, que din "esta revista é para homes de entre vinte e corenta anos, de nivel económico medio e gosto pola moda, os coches, as mulleres e o que sexa"- Quizais en Galiza sexa necesario estudar ben quen son os lectores que temos, que podemos crear: eu particularmente boto en falla unha revista cultural innovadora, que informe semanalmente ou mensualmente do que se coce e acontece no país, que agasalle CD´s e DVD´s de creadores galegos, ...que sirva de referente pàra a xente nova.