- Non sabemos se RADIO-C retransmitiu algún dos concertos dise impresionate tandem electrónico chamado FANFARRIA DA CARRAXE , de donde saíu o xerme disa proposta única e singular?
- Hai poucos días estiven na Fundación Luis Seoane da Coruña, onde comprei o catálogo da exposición, magnífica, O LADO DA SOMBRA, unha recuperación das inicitaivas ignoradas, raras ou desacreditadas desde o ano 1971 ao 1989 tiveron lugar na Galiza. Alí estaban Reimundo Patiño e o comic galego, experiencias de fanzines e revistas coma Trilateral, Animal +, Favorita, Can sen Dono, a embarcación Breogán, elementos da contracultura galega desde o situacionismo da revolta dos pisos ás manifestacións surrealistas de Rompente (con pancartas vermellas e letras en alfabeto cirículo, que desconcertaban á xente). Alí estaban Surfin´CCCP dos Resentidos e Siniestro Total, o rock progresivo e e en galego de NHU, que é obxecto de culto en Alemaña hoxe en día. A creación gráfica nas rúas, as gañas de rachar coa monotonía da sociedade nun entorno triste e aburrido... Dalgunha maneria, grande parte da cultura maís viva e vizosa da actualidade en Galiza ten as súas raigames naquelas experiencias trnasgresoras ou primeirizas, que quizais non tiñan máis sentido que o que supuña para o seus integrantes. Visto desde hoxe, Fanfarria da Carraxe tivo una liña de conexión sentimental con todo iso, sen nós mesmos sabelo. A devoción polas músicas posíbeis e a Galiza como célula de universalidade, que dialoga de ti a ti con todo o resto de músicas do mundo. Xermán Viluba, Marcos Demócrata, eu mesmo, ... andabamos por aí compartindo bos momentos e paixón desmedida por ver como xiraban os vinilos nos pratos da vida. E na nosa maleta estaban Os Resentidos, Safari Orquestra, Eddie Jefferson, Manta Ray, Thievery Corporation, Red Snapper, Stone Roses, ...
- Na FdC apostástedes por un intervensionismo sonoro fóra do común, dende o pop elegante francés ate os canellóns mais noxentos dos suburbios de Monrovia, como erades capaces de plantexar iste tránsito sonoro tan polidireccional?
- Coido que a procedencia dispar dos membros e o respecto duns polos outros permitía tránsitos musicais esquizoides que o público agradecía. Lembro un set de Viluba facendo salatar ao Millo ribadense con Líquido, un grupo alemán dun só hit. E despois igual tocaba jazz electrónico, ou o house techno máis Madchester, ou os Rolling. Atrevémonos nas Crechas con Family e La Buena Vida, rompendo tabús e levando a contraria. O propio feito de estar alí xa era suficiente, non queriamos nada máis. Aí estaba a clave do éxito. Non eramos Dj´s ao uso, senón poñedores de boa música, coa bandeira da patria detrás.
- Pese á súa curta traxectoria a FdC deixou semente de vencer, incluso hai escritores que se atreveron a utilizar ise pseudónimo para participar en certames literarios, coma un raio vestido de nazareno a FdC quedou gravado no subconsciente de todos aqueles que buscaban fóra o que non atopaban dentro, ves algunha proposta similar ou próxima ós plantexamentos tan extremos que vós abrazástedes?
- Sei de Jaureguizar, que empregou o nome como pseudónimo, si. Non me pode parece mal, por suposto. Defendo o apropiacionismo, as creative commons, a circulación cultural en rede. A única mágoa foi non ter deixado algo gravado, aínda que conservo unha cinta cun tema inédito en versión maqueteira que algún día agasallaremos a Madonna para que faga un hit tan impresionate con el coma o actual, Hung up. Descoñezo se existen propostas agora mesmo na Galiza do estilo da Fanfarria, pero si estou certo da creatividade que existe nas nosas vilas e aldeas, por moita xente que non sabe como canalizala. Aí está un potencial que cando estoupe vai deixar a moitos modernos coa boca aberta, porque son propostas que nacen dunha necesidade case fisiolóxica de comunicación, de expresión. Teñen mota verdade, moitas vísceras dentro. Son a berra do cocho cando o van matar e fai falla ser capaces de convertelos en productos culturais ao alcance de todos, aínda que iso conleva unha certa domesticación que é inevitábel. Tamén na veciña Asturias , ou mesmo en experiencias creativas coma este blog, é evidente que existe unha vontade creativa enorme.