Mittwoch, Dezember 07, 2005

- RADIO-C de hungría é unha emisora que integramente emite contidos xitanos, podería transladarse ó ambito galego?

- Na Galiza véxoo complicado, a verdade. Pero os galegos compartimos moitos trazos de subalternidade cos xitanos, e non virían mal medios de comunicación que apostasen pola cultura galega 24 horas ao día. A traducción dos contos serviume para me decatar de que, moitas veces, no simbolismo de cada conto non sería nada difícil substituír as personaxes e poñer PALESTINO, KURDO, INDÍXENA, CHAVISTA ou, salvando as distancias actuais, GALEGO no canto de XITANO, e colocar no lugar do outro a ISRAELÍS, IANQUIS, RICOS EMPRESARIOS, OLIGARCAS, IMPERIALISTAS... Sei que hoxe en día non venden estes discursos e que o que se leva é un progresismo light e acomodaticio, que non cuestione o statu quo, nin a vida cotiá desta sociedade de stress, depressións, perda de identidade e consumo compulsivo. Pero pídeme o corpo dicir o que penso.