Mittwoch, Dezember 07, 2005

- En zimmer103 gostamos enormemente da cultura xitana , sobre todo no eido musical , aínda estamos limpando as bagoas de mandril pola perda de Chocolate, dende o Cabrero ate a fanfanrria ciocarlia hai exemplos máis que abondosos do bo facer distes músicos e artistas máis semella que nos medios só saen farruquitos e demais calaña que o único que fan é manter ise estatus de entidade marxinal, como percibes ti iste contrapunto?

- A cultura xitana non é única, non é esa identificación tópica co máis rancio españolismo de folclóricas, toureiros e flamenco, e concordo contigo, pois, nesa visión. É moito máis, e alí onde se moven xeran novas expresións culturais. Falaba antes da rumba catalana, un exemplo moi evidente no Estado español, pero tamén se pode ollar a música balcánica que levou ao cinema Kusturica, con representantes coma a Fanfarria Ciocarla, que citaches. Musicalmente é un universo riquísimo, de moito do flamenco de calidade á mestura cos sons actuais que poden facer Ojos de Brujo. En todas esas expresións hai un pouco xitano, e tamén en moitas delas, negro. Xitanos e negros, facedores da cultura máis actual mentres os blancos miramos para outro lado.

- Galiza e europa está deixando de lado claramente á maior minoría social que poboa as súas terras, no novo estatute galego polo momento non se percibe que o concepto xitano apereza por ningures e europa só conta con dous europarlamentarios xitanos que só teñen presencia tetimonial, como ves o futuro institucional dista étnia?

- É complicado, supoño, pero debo dicir que non son ningún experto no seu mundo e cultura polo feito de ter traducido un libro sobre contos. Valoro a cuestión desde fóra, e desde aí paréceme que o debate está en como conxugar convivencia e respecto a unhas normas cívicas básicas co mantemento da identidade, algo semellante ao que pode acontecer con colectvios de inmigrantes coma os magrebís, por exemplo. E quero dicir aquí que é importante non caer nin no papanatismo, e ver todo o xitano como bo per se, nin tampouco na xeneralización e demonización destes cidadáns de cultura xitana. É un tema complexo, que non me atrevo a respostar. En calquera caso, é a eles aos que lles corresponde discutir as súas estratexias de mantemento, coma os negros discutían a súa negritude na África poscolonial ou os galegos a nosa galeguidade hoxe.