Freitag, November 04, 2005

Instalados ante un magnífico prato de año ó forno puidemos por isas casualidades que dá o bo xantar , ver un pequeno reportase emitido en Antena 3 durante o xornal de medio día , La Costa Brava, ise magnífico grupo pop construido por unha ponte ente Xixón e Zaragoza, actuaban no salón dunha casa, e pode ser no salón da túa polo módico prezo de 300 euros. Na non redacción de zimmer103 somos ferventes admiradores diste grupo asentado sobre dous pilares, Fran australian blonde e Segio Algora ex-niño gusano, e nos directos agora pode verse algún membro de Tachenko que se une ó costabrabismo , filosofía que zimmer103 tamén abraza plenamente. Fai tempo polo seguimento do excelente espacio que fran manten na rede www.20six.co.uk/francisconixon.com xa sabiamos distas accións que LaCoBra chaman “conciertos a domicilio” , e semella que están a ter unha gran aceptación , incluso xa se poden oír voces doutros grupos coma Nosoträsh que estrenando formato acústico na presentación do seu recente “deja la puerta abierta al salir” afirmaron que xa pensan seriamente en sumarse a ista iniciativa de okupar o teu salón. Despois de tantos anos lamentándose os grupos da falla de espacios e circuitos, La Costa Brava desafía a toda ista andazo e colle a dirección máis axeitada que é a da imaxinación coma único recurso. zimmer103 que está perfilando o seu proxecto sonoro ten pensado que os seus únicos concertos posibles serán en cortes ou espacios de caractecterísticas similares.