Freitag, November 04, 2005
A palleira foi espacio de okupación temporal durante moitos anos por fuxidos , traficantes , amantes ......... que buscaban entre as pallas acougo e agacho fóra das olladas dos seus incansables perseguidores, nas ondas da Radio Galega nise programa aínda sen nome que conduce de xeito xenial Xurxo Souto soou istes días un dos temas de “Na palleira” do Cuco de Velle, fai uns anos o amigo de zimmer103 Raul Pato andaba coa teima dun disco homaxe ó Cuco e Skornabois , mítico grupo de Lourenzá, deron un paso ó frente musicando “O charlestón é un baile de moda “ en clave trip-hop, a idea semella que volta a soar e Xurxo foi quen de ceivala ó ar, dende zimmer103 espallamos a idea , disco homaxe ó Cuco xa!!. Pero perante ista acumulación de okupacións o mandril de zimmer103 tiña que botarse ó monte e okupar algunha pola allea, e-music, o programa de radio de música electrónica emitido por radio cuacFm con difusión na cidade da Coruña e con reedición na rede www.e-music.proxecto-ds.com ten unha sección chamada “o mandril nas ondas” donde podedes sentir as máis perigosas e abafantes psicofonías xamais recollidas emanadas da intensa respiración do mandril. Quen okupa quen preocupa quen invade quén é invasor, son coma as bonecas rusas os bares e dentro nos. zimmer103 pola okupación dos palleiros mediáticos!!