Freitag, November 04, 2005

GRUPOS OKUPAS

Istes días saltou de novo á actualidade a problemática da vivenda , a okupación salvaxe dunha serie de vivendas por parte dunha comunidade xitana en Jun ( Granada ) fixo saltar de novo as alarmas , zimmer103 xa tratou iste tema pondo o punto de mira no eido rural, okupación de palleiros ou casas abandoadas e caéndo é unha posible solución de urxencia pero dende logo ise non é o camiño axeitado, expuxemos a situación dun veciño na coruña que vivía nun colector metálico que únicamente recibía axuda por parte dos veciños , cantas veces temos visto isto? Ate zimmer103 chegan os titulares de prensa do desaloxo de Jun, “ os okupas desaloxados de Jun escapan das casas en coches de luxo” . A outra cara da okupación, a da falsidade e a do poder mafioso comunal , o noso amigo que vive no colector ou ise pobre refuxiado da vida que vivía nunha na capela dun concello pontevedrés co consentimento dun párroco e dos veciños dubido moito que poidas moverse en mercedes e bmws, a okupación discrimina o suxeito individual e tal como se está plantexando actualmente móvese por intereses económicos subterráneos. Na magnífica película “ CANÍCULA “ protagonizada por Antón Reixa púñase de manifesto a fácil manipulación mediática por dalgún distes colectivos , dende zimmer103 apostamos por unha nova ocupación , a okupación sonora!!