Dienstag, September 13, 2005
Dende ista pequena cuneta informativa queremos por o noso gran de area na construcción dunha sociedade avanzada e respetuosa cos diferentes xeitos de vida , o fume é un elemento que na galiza sempre estivo unido á vida, cando se di que un deixou de fumar , automáticamente pensamos que morreu, o non fumar é o que está unido á morte e non toda isa merda de publicidade engañosa e fascista que inclúen nas caixiñas de tabaco, os chourizos foron e son pese ó avanzo da fast-food un dos sustentos principias do galego e da galega do século 20 e 21 e todos sabemos que os chourizos dependen do fume para curar igual ca un bo queixo de tetiña ten que estar ben afumado para acadar o punto culmen do seu impresionante sabor, fume e vida unha realidade que o neocolonialismo cultural quere esnaquizar. A moderación é un concepto que a dereita reaccionaria tomou como propio nistes últimos anos, moderación salarial , modereción na velocidade, moderación política e ó que imos, moderación na bebereta, istes impostores queren impornos un xeito de beber e de desfrutar dos zumes combinados totalmente extrano, niste país está moi vixente o conceto de fartura, o límite de cada un é o único final posible, non teñen que impornos de fóra cal é a cantidade ou a medición ata a que podemos consumir, despois dun bo xantar imponse un intre de repouso co xa famoso copa e faria, auténtica sinal de saude por parte do comensal ,cando alguén elude iste paso é que algo falla no seu organismo.