Dienstag, September 13, 2005
A parva , isa comida que por desgraza se está perdendo e só subsiste entre os círculos ultraortodocsos da cidadanía galega , entre os que se naturalmete se atopan os membros dista non redacción, en zimmer103 paramos toda a actividade entre as 10 e 10:10 para tomar unha copiña de auga ardente e fumar un feito ou facer un relado de ovo marroquí. zimmer103 sitúase coma sempre no lado mais perigoso e que nadie pense que isto do fume é un tema menor, como din as nais e as avoas , empézase por un pitillo e remátase cunha agulla no brazo , smokin room isa impresionate película dexou patente ista realidade , empézase prohibindo un pitillo e remátase apaleando e criminalizando ó fumador . O tabaco e o alcohol son productos clave na producción artística, a maioría dos bos discos e libros son feitos baixo os efectos distas sustancias polo que consideramos en zimmer103 que ademais da conxelación inmediata do seu prezo o ive ten que estar situado entre o 1 e o 4% ó igual que o gravamen do ive cultural , dende logo sen o fume no corpo e sen poder mollar a palabra grandes obras da cultura clásica e contemporánea non existirían, zimmer103 polo control dos prezos para un proceso de creación en libertade!!