Dienstag, September 13, 2005
FUMANDO AGARDO
Ante a inminente subida do precio das bebidas alcohólicas e do tabaco os membros da non redacción de zimmer103 andamos a aprovisionarnos para poder facer fronte ás durísimas medidas que o goberno Zapatero vai impor ós cidadáns do aínda chamado estado español.Nista imaxe vemos á Motrollo, iste australiano encargado dos recados en zimmer103 enche as alforxas de productos de primeira necesidade que ante a medida de racionamento que iste goberno socialista vai impor sobre o consumo dos fumes e dos líquidos inflamábles considerados por nós productos de primeirísima necesidade para o normal desenrolo dunha sociedade civilizada no século 21 . Coméntase tamén nos corriños económicos que frecuentamos , é dicer, entre os ludópatas, xente que pide nas portas dos supermercados , entre apostadores en pelexas de galos e en enfrontamentos entre cans e xabaíns que iste goberno vai incrementar a taxa no recibo da luz e no precio do combustible, en zimmer103 , non vemos con malos ollos ista medida , o que queira ver e moverse que pague a luz e a gasofa que utilice, pero os que queremos pornos cegos e deitarnos nun sofá de pel de xato por que carallo temos que pagar tan alto precio?