Mittwoch, August 31, 2005
O lume e o cine sempre tivo unha moi boa e fructífera relación, o coloso en chamas é o exemplo máis claro disto, pero índa que habería moito campo para a exploración en zimmer103 seguimos interesados co elemento iniciador da chama, nas películas do oeste non podemos desfacernos da imaxe do tipo duro acendendo a cerilla ou mixto contra a cara do inimigo, un xeito absolutamte elocuente e inequívoco de desafio , a faria acesa do cowboy que se acerca á corda que remata nun montón de dinamita para volar unha ponte ou tirar a porta da caixa forte dun banco, iste xeito é copiado e asimilado polos lanzadores de fogos galegos nos días de festa , despois dunha boa enchenta, é tradición en moitas casas que o home da casa coa faria na boca abandoe momentáneamente a mesa dos comensáis para lanzar uns foguetes que estoupan no ceo e deixan na terra ós cans oubeando coma tolos. O lume , un elemento perigoso que domado é proganista de moitas festas pero que salvaxe é un auténtico perigo , zimmer103 pide medidas contundentes , non chegan as boas palabras.