Mittwoch, August 31, 2005
Xente ao lonxe é a última montaxe dises xenios chamados Mofa e Befa, despois de amosarnos diante do seu xa mítico muro de cartón pedra un amplo catálogo de incríbles seres de etnias imposibles rematan a actuación cun grupo de xitanos euskaldúns que na apoteose da súa actuación utilizan o lume coma elemento unificador dos dous pobos ós que pertencen ises rumbeiros de euskal-herria, o xitano non pode rematar unha boa festa sen queimar a súa camisa, igual que en calquer acto que precie da esquerda abertzale no pode haber un fin de festa sen porlle lume a unha bandeira española. En zimmer103 constatamos tamén que o lume ten unha faceta reivindicativa e incluso liberadora, queimar igrexas queimar libros , queimar caixeiros ou queimar contenedores son actos motivados por unha inquedanza política , dende moitos estamentos quere vaciarse á queima dos montes de calquer tipo de motivación, sexa ista do tipo que sexa , pero é isto certo? O pirómano nace ou faise?