Mittwoch, August 31, 2005
LIGHT MY FIRE
Motivo recurrente na carreira artística de Antón Reixa, o lume, o seu segundo largo despois da nefasta Lápiz do Carpinteiro explora nas aventuras dun mecheiro que percolle o mundo de man en man , non sabemos se no argumento disa fita en algún intre na axetreada vida dise chisqueiro protagonista serve de arma executora dun pirómano calquera nun monte calquera. “ arde Galicia co lume forestal e tamén arden os teus ollos con pupilas de metal”, ista metáfora resentida está voltando a porse de actiualidade xa que o lume volta a brilar nos ollos dos vecinos de Carnota , de Viana do Castelo e de moitas vilas e aldeas da Galiza donde un lume famento está chamando á porta para acompañar na cea. En Sitio Distinto, nise tanque televisivo conducido Reixa xa se explorara nun programa monográfico as distintas posibilidades do lume, magos que botan lume pola boca, inventores de combustible a partires do toxo no que se deu en chamar ”sol-fuerza” e diferente fauna relacionada co fogo entre os que destacaban os pirómanos arrepentidos foron desfilando por un mítico plato convertido en barricada.