Coa edición número 10 da revista Dancedelux os responsábeis da súa edición decidiron por fin á publicación da mesma, constatan un estancamento na producción creativa da música electrónica e unha absorción de códigos por parte dos elementos sonoros máis comerciais , dancedelux ofrece unha lista dos 20 discos imprescindíbeis do estado español no refente a música electrónica entre os anos 95-05 , 10 anos nos que ningún dos traballos citados é galego. Galiza perdeu o tren da música electrónica igual que perdeu moitos outros trens. Resulta curioso que o goberno actual da Galiza esixa o pago da débeda histórica ó estado español e non diga nada do pago da débeda que a Galiza ten contraida cos milleiros de galegos e galegas que quedaron cando a emigración era un feito masivo , cos que cabaron na roza e os que mancharon as mans de sangue e de merda cando se mataba o cocho para mandar as mellores pezas para os irmáns de fóra. Na escola fascista española que os membros da non redacción de zimmer103 sufrimos aprendíasenos que Galiza tiña fóra á xente máis emprendedora reforzando na nosa conciencia a colonizadora idea da marxinación e da pobreza monetaria e moral herdada duns proxenitores “non emprendedores”. Zimmer103 gosta dos irmáns Rumanos, dos que invaden os montes traballando na madeira e dos que invaden as rúas , gostamos do Manele, isa pseudo música electrónica que arrasa nas barrios de Bucarest , igual ca Pucho Boedo e os seus Tamara ían de xira por europa para levar emoción ós galegos e galegas alí residentes dende zimmer103 queremos que Adi De Vito actúe nas festas do oito en Alfoz e a Orquesta Nacional da Bardés no Conde Santo en Lourenzá. Dende zimmer103 esiximos que iste gobeno pague a súa débeda cos galegos e galegas residentes de sempre, agora todos queren vir pero fai 50 anos nin dios quería quedar.
Dienstag, August 09, 2005