Dienstag, August 09, 2005

O CROONER E O PORTEIRO

Impresionados despois da visión do magnífico documental conducido por Xurxo Souto en zimmer103 queremos que os artistas dos paises orixinarios dos inmigrantes residentes visiten o noso pais para emocionarnos coma Pucho emocionaba nas súas xiras polo mundo. De toda a fita a relación Paco Buyo – Pucho Boedo foi o que máis impresionou ós membros de zimmer103. Cando o exporteiro do Sevilla relata as visitas á clinica de Mallorca co noso croner ingresado, el mais outro galego amigo do cantante e do futbolista metían a escondidas unha botella de auga de vida do país para que o noso crooner puidese templar o xenio que lle corría por dentro.