Dienstag, August 09, 2005

MANELE : LA MARE PLACERE


Simultaneamente á edición 2005 do festival FIB en Benicassim en moitas parroqiuias e vilas da Galiza celebráronse diferentes edicións da festa do emigrante, unha sentida homenaxe a todos os veciños e veciñas que marcharon da terra natal na procura dun mundo mellor para eles e para os seus fillos. Normalmente ate fai ven pouco cando istes parentes voltaban producíase e se produz aínda en moitos casos un extrano culto ós retornados, supúñase que voltaban moito máis ricos en diñeiro e vivencias cos que quedaran na sufrida terra mae, idolatrábanse ate tal punto que cando marchaban levaban con eles os mellores xamóns, chourizos e demáis productos que áinda que semellaban non darlle importancia ben que os metían nos seus haigas de última xeración.