Mittwoch, Juli 20, 2005

Paralelamentre a ista espeluznante situación nas grandes cidades e nas vilas de tamaño medio vemos medrar de xeito continuo tendas e clínicas de animais de compaña , o que vulgarmente coñecemos coma mascotas. Nun primeiro instante a vida na cidade no habitáculo reducido dun piso semellaba que dificultaba a adquisición do animal de compaña por execelencia ate fai uns anos, o can. O can de palleiro era un elemento omnipresente no agro galego mais ista raza por desgraza para nós non otopou cabida no ambito urbano , necesítase un animal de menor tamaño e de necesidades distintas á diste auténtico prodixio da xenética galega, razas como o bulldog francés, o yorkside o caniche e moitas máis razas de importación desprazaron ó noso can galego de seu. Igual sorte correu o noso mítico gato raxado, siameses , persas de mais gatiños de razas exóticas desprazaron da vida urbana o gato que de sempre andaba enredando entre as pernas durante o xantar para papar algunha sobra ou calquer pedazo de comida que o dono lles mandaba polo ar. As estanterías dos supermecados e grandes areas comerciais xa teñen tamén espacios reservados para istas mascotas de alto standing, xoguetes, comida especial para cachorros, comida de dieta para animais, correas, colares, arneses , transportins, camas , casetiñas , toda unha impresionate gama de productos única e exclusivamente para mellorar a calidade de vida distes animais do primeiro mundo.
A alimentación é un elemento básico xa que ó cagaren na casa ou piso a merda ten que ser medianamente dixeríbel, istes novos inquilinos polo xeral só se alimentan de pensos e alimentos especiais e non poden comer da comida dos humanos que lles producen cagaleiras e indixestións , algo terrible de soportar e de limpar por istes novos donos e donas dos animaliños de compaña, é moi curioso ver pola rúa o dono musculado de ximnasio ou á cachonda de turno recolléndolle a merda ó can da aceira cun guante ou bolsa de plástico e tirandoa na pepeleira ou caldeiro do lixo, non lles pasaría nunca pola cabeza botarlle a boca?, bueno , para cerrar iste capítulo escatolóxico zimmer103 non pode esquencer aquel mítico colectivo que se adicaba a tirar caballonciños de ovella nos w.c dos locais de moda, locais de burela e viveiro sufriron a violencia das intervencións ultravangardistas dos Castrons Mouros.