Mittwoch, Juli 20, 2005

As cobras , iguanas, camaleóns e demais elenco de reptís foron gañando terreo e xa non é nada novo chegar a unha casa e ver un destes animaliños , agora mesmo xa case se fai obrigatorio por alguén que queira ir de moderno conviver ou ter algún animal exótico ó que dar o seu cariño de ser contemporaneo, superada fai anos unha primeira etapa de convivencia con roedores hamsters , coelliños de indias e derivados en zimmer103 pensamos firmemente que estamos inmersos niste intre nun aapaixoante segunda parte, o boom impresionante dos Furóns fixo retemblar os cimentos das principias tendas de mascotas que correron coma tolos na busca diste alongado animal que os seus clientes pedían de xeito incontrolado. Na Galiza o furón xa tivo dende fai tempo unha condición doméstica en canto que era e é utilizado polos cazadores para introducilos nos niños dos coellos e sacar a peza, o esquiu está a ser a gran sorpresa da tempada, mais o animaliño que está a romper moldes é o denomidado “canciño da pradeira”, orixinario das terras da américa do norte iste pequeño manífero da familia dos esquius está a ser xa un auténtico fenómeno de masas, son animais moi sociables que viven en grandes colonias que para avisar dos perigos emiten unha especie de ladrido polo que a orixe do seu nome está máis que claro.