Mittwoch, Juli 20, 2005

O cocho vietnamita é un producto introducido polos americanos coma animal de compaña , na Galiza véxolle unhas posibilidades enormes coma elemento de combate contra a morriña, qué mellor cousa para unha persoa maior que conviver cun cocho na cidade para recordar ises añorados tempos de libertade e emoción na aldea. O século 21 invádenos de mascotas, cando os nosos avós vivían nisas grandes casas de labranza na que toda a parte de abaixo estaba adicada a cortes e a cociña e a parte de arriba a dormitorios seguro que nunca pensaron que os seus netos ían ter ó igual ca eles a casa repleta de animais , claro que un xato non é un furón nen un burro é un canciño da pradeira, pero que carallo máis dá , os tempos cambian e a fauna domética tamén muda, incluso no parlamento galego , ise vello orangután da política española tivo que mudar de gaiola e agora está na que ocupaba o seu camarada Pita, ó fin e ó cabo todo se reduce a unha simple cuestión de mascotas.