
Cada día somos menos galegos e galegas pero curiosamente o censo de animais mascota que eleximos para compartir a nosa penosa existencia medra a un ritmo impresionante. Se ben as explotacións agrarias tradicionais ven mermados os seus efectivos, falamos de granxas de vacas, cochos ou de pitos, as explotacións alternativas como poden ser as de avestruces ou de pato e faisán ou incluso as de cocho celta gañan en prestixo por mor da especialización e unha crecente demanda no mercado do seu producto. Istes días vivimos con gran intensidade a ceiva por parte dun colectivo ecoloxista de milleiros de visóns que se atopaban encerrados nunha granxa de Lavacolla, dende zimmer103 nen apoimos nen condenamos , simplemente lamentamos que isto teña que ser así, mais non imos entrar nista tesitura da liberación animal xa que anterior a isto é necesario que teñamos claro que a primeira liberación pola que zimmer103 aposta é pola liberación nacional.