O porteiro-diantero Kim Myong Won, os centrocampistas Kim Kyong Il , Pak Sung Hyok e o diantero An Chol Hyok son para a mafia da FIFA e da prensa internacional os catro supostos "desertores" da concentración da selección de Korea do Norte en sudafricana , istes xogadores non foron convocados nen para estar no banquiño polo que cando se enteiraron da posta en marcha da rede de quedadas en taskas galega no dubidaron en porse en contacto con nós para ver se podían seguir os partidos da Auténtica xunto cos siareiros galaicos da Cholima xa que o cerco da miseria capitalista impedíalles experimantar o xúbilo en libertade , posto que o ambiente que se vivíu e se vivirá nas taskas é , según nos din eles, calcado ó xubilo que se vive nas rúas de Pyongyang. Dende o rede de quedadas só podemos afirmar que iste ataque ó nosos xogadores dende a Radio Galega chamando actores ós nosos siareiros e dende a prensa internacinal chamando desertores a catro dos nosos xogadores non quedará impune , o luns temos ás 13:30 h unha nova loita , as taskas galaicas serán de novo invadidas polos siareiros da Chollima para brindar con licor café e chupiños de raspa e herbas pola República Popular Democrática de Korea do Norte, e como sabedes , dende iste venres na Coruña se desenrola o festival Sonar-GZ , soará o himno de Korea do Norte en algunha das sesións ??