
Exitazo sen precedentes no mulitudinario seguimento da selección da República Democrética Popular de Korea do Norte no seu debú mundialista fronte a potente selección de Brasil. Loita de poder a poder na que a selección chollima nunca se achicou e xogou a deixou xogar como só saben facer os equipos campións. Aquí tendes as espectaculares instantáneas da quedada no Bar Xa Chegou de Compostela, berros e apoio á selección Coreana do Norte facían tremer ós incrédulos peatóns que pasaban pola porta. Mais unha mísera derrota non van achicar ó espíritu galaico de apoio ós irmáns chollima e xa se comezan a preparar as próximas quedadas para ver a Korea despois do exitazo de hoxe , acción de apoio e compromiso co povo de Corea do Norte á cal os mesmísimos Celtarras sumouse a iniciativa:
http://celtarrismo.blogspot.com/

Xa se están movendo os fíos para organizar unha quedada en Vigo potente xa que no local referencia O Faísca, non hai televisión . Os próximos partidos son o luns 21 as 13:30 e o vernes 25 as 16:00. O importante pode ser o do venres xa que ese día a esa hora pode estar ben, e se pode celebrar a clasificación de Korea e a eliminación de España......naide poderá evitar que de novo sequemos as bágoas escoitando o himno de Corea do Norte e chamanos a que cunda o exemplo dos irmáns da Taberna da Cancela en Xil ( Meaño) que se unen á rede de locais de apoio á selección de Corea do Norte , o luns poder seguir alí o partido da Auténtica Vermella fronte a Portugal mentras lle metes o dente a un dos manaxares que Abel e cia preparan para manterte forte e firme ante os ataques do imperialismo, e se fora pouco o sangue da batalla impregna incluso á radio galega que se puxo en contacto coa rede de apoio á Auténtica Vermella para iste mércores depois da retransmisión do partido de suiza , pulsar o ambiente dos siareiros galaicos da gloriosa selección de Korea do Norte que pese á brutal adversidade capitalista seguiremos enriquecendo no uranio diste noso poderoso inverno nuclear, dende a Radio Galega acusaron ós afeccionados de Korea do Norte en Sudáfrica de ser actores postos pola FiFa , acusación inaceitábel para a rede de quedadas , xa que os únicos actores e monicreques en sudáfrica son o resto de afeccións e seleccións presentes polo que nos vemos na obriga de pedir formalmente que o director da RG nos pida desculpas ante ista terríbel ofensa, o certo é que despois de tanta intensidade chegamos a unha conclusión , a de pedir que Galiza sexa un estado asociado a Korea de Norte , Agora é cando , e Korea do Norte é onde.... Po-de-Mos!!