Donnerstag, Dezember 24, 2009
MORREU O HOME CHUVIA PERO NACE A GRAN XERACIÓN DOS HOMES E MULLERES BARRUZO!!
Fai uns días saltra a tráxica nova do falecemento de Kim Peek , o home que inspiro a película protagonizada por Dustin Hoffman "Rain Man". Dende moi cativo Kim sufríu a doenza do síndrome de Savant, un estado patolóxico que se distingue por un conxunto de discapacidades físicas, mentales ou motrices, que paradoxicamente ven acompañado de determinadas habilidades propias de superdotados. Unha distas habilidades era a a capacidade brutal de memorizar unha inxente cantidade de libros, Kim gostaba de Shakespeare e da bíblia , pero iso era só unha mínima parte do que tiña almacenado na súa testa, pero pola contra o home chuvia tiña enormes dificultades para realizar tarefas para algúns tan cotiáns coma vestirse ou peitearse. É un feito que a día de hoxe pode decirse que nace un novo tipo de muller-home , e que dá pé a unha nova xeración denominada a xeracións dos homes barruzo a´que ti posibelmente poidas pertencer: se npon dás memorizado nen a lista de compras con dous únicos productos e veste diariamente enfrontado a ise inferno que é vestirse e peitearte ....BENVIDO Á XERACIÓN BARRUZO!!