Freitag, Dezember 11, 2009
BUSCAMOS UNHA TASKA GALEGA PARA SEGUIR OS PARTIDOS DA "VERMELLA" NO MUNDIAL DE SUDÁFRICA 2010!!
É a primeira vez na história que esiximos que te ergas para ler iste estalo, soa o himno de gran patria irmá Korea do Norte , os xogadores firmes e diante a bandeira, a mesma actitude de seriedade , firmeza e compromiso que no pasado mundial do 1966 os levou ate cuartos de final derrotando incluso a Italia, no 2002 Daniel Gordon conseguíu o permiso para rodar o espectacular documental futboleiro en Corea del Norte titulado "The game of theirs lives" no que se recolle a xesta.
Brasil, Costa de Marfil e Portugal son os inimigos a batir no campo de batalla sudafricano , a selección Chollima , bautizada así no mundial de Inglaterra 66 polo nome dun cabalo mitolóxico dentro da mitoloxía Coreana, vai tentar voltar a rachar cos muros do capitalismo salvaxe que abraza o futbol actual para atravesar coma un ferro quente no terro de xogo a sensacional filosofía stalinista aplicada ó deporte de masas.
En Corea do Norte non entran xogadores estranxeiros, e tardarán moitos anos ate que coma en Bilbo un tal Jonás Ramallo vista a súa camiseta nacional, tampouco pisan Pyongyang seleccións nacionais de nengún continente paa xogar torneos amistosos nen de nengún tipo , o illamento total coma forza de ataque , isa é a gran arma secreta dista selección Chollima que pese a intoxicación capitalista que di que tentou a técnicos europeos coma Goran-Eriksson , terá na figura do poderoso selección naconal Kim Jung-Hum o único referente no banquiño , selección ista que ademáis representará tamén a toda a Galiza Stalinista que pon os ollos nista non redacción e que xa busca unha taska na que seguir intensamente en comunidade brutal os partidos dista única selección que podemos afirmar coma A Vermella, agardamos as propostas para as quedadas!!