Freitag, Oktober 23, 2009

LIE TO ME : MISIÓN FORO ABERTO!!


Hai moitos motivos para non ver a TV , todos eles conflúen a día de hoxe cando alguén pasa sen querer por calquera das dúas canles da Galega. Lie to me é a serie que protagoniza o magníficao Tim Roth que emite antena3 , atopar algo digno nise vertedeiro de lixo é unha proeza absoluta, dende a cafería de Pulp Fiction , ate o entolecido hotel de 4 rooms pasando por estranos films de mafia rusa Tim Roth desembarca dirixindo un despacho de expertos en descubrir mentiras e mentirosos polo xestos na expresión da cara e no corpo. Cal sería o análise distes expertos de analizaren a xa famosa e referencial entrevista de Carlos Luis Rodríguez a Carlos Callónna Galega? Cal dos dous minte? minten os dous? que quixo decir a efusiva aperta de mans entre os dous ó estilo colegas? é todo unha montaxe e en realidade teñen un relación de amor odio que os leva irremediabelmente a falar de castelanismos na intimidade? . O único que está claro é que ámbolos dous están fóra da realidade, dende o intre que a pasada manifestación de QG servíu a ambos coma o reflexo das dúas Galizas invalida totalmente todo o resto : unha maioría parlamentar por un lado e a suma que di o presidente da mesa de votos PSOE-BNG , o único claro é que en compostela houbo un amplísimo número de persoas que fixeron de tripas corazón para que todo fora como foi , ollo coas manipulacións diste lado xa que o psoe mandou a catro pelagatos e o resto nen moito menos era iso que se chama nacionalismo parlamentar.