Dienstag, Oktober 20, 2009
GZ-SONAR 2010 NA CORUÑA, SEDE E FESTIVAL SIMULTANEO Ó DE BARCELONA!!
Corfírmase o que ate o de agora eran tan só rumores, o festival de música avanzada de Barcelona sáe por primeira vez da cidade catalá para ter sede simultanea na Coruña . Os peixes do atlántico piscina estamos realmente eufóricos coa nova e agardamos ansiosos comezar a coñecer os camareiros que nos servirán os pratos tanto nos menús de día coma de noite. Pero unha das cousas que máis agardamádos é coñecer o cartaz do festival que abrirá década e se Maradona protagonizou unha das máis impactantes edicións saber se os mandamáis do festival farán algún tipo de guiño á inmersión galega. A istas horas recen confirmada a nova nista non redacción todo son nervios e conxeturas, por fin haberá inmersión de grupos e artistas galegos?, haberá tamén posibilidade de accións paralelas baixo o prisma da ollada propia do páis?. A única mancha dista ilusionate acción é a pegada do puto xacobeo que aparece por detrás, non desbotamos pois a presentación por fin disa artista emo-pop galega da época fraguista de nome Carminha-Burana... Sonar de día , Sonar de Noite, Sonar Kids e por fin tamén..... Sonar no Lusco e fusco galego!!