Tremen os cimentos do movimento internacional do sleeveface ó aterrar na Galiza , xa que á súa filosofía claramente edonista de combinar corpo e portadas de discos úneselle agora o caracter totalmente combativo co que impregnamos a nosa nova acción sleeveface titulada Springsteen e a E-street band fóra da Galiza!!
Ista acción ven motivada pola presenza do boss iste domingo 2 de agosto no monte do gozo de Compostela , nun contexto como o actual, iste macro-concerto só se pódese considerarse, pese ó que os taxistas digan, coma unha provocación para a populación galega de ben que ve como dende os medios públicos diste país se promociona de xeito brutal iste acontecemento mentras se traballa a reo na aniquilación da texido musical galego cuxo único e gran delito é utilizar o noso idioma natural nos seus estalos sonoros. Non vos deixedes engaiolar pola típica presentación en galego , Springteen e a E-street band fóra da Galiza!!