Donnerstag, Juli 30, 2009

PONLLE CORPO Á SÚA CARA , O SLEEVEFACE CHEGA Á GALIZA DA MAN DE ZIMMER103!!


Foron xa varios os estalos de Ouveos na Noite nos que amosamos a nosa total devoción polo son da agulla sobre os regos de vinilo polo que non pode estrañar a naide que sexamos os primeiros na Galiza en xunguirnos de xeito frutal ó fenómino internacional do sleeveface, a espectacular e impactante técnica creada polo dj galés John Rostron de fusionar o corpo coas portadas dos vellos Lp´s. Comezamos a serie cunha espectacular fusión sobre un disco de Joe Cocker coa que queremos meter o verme no voso corpo para que Galiza se convierta nun referente absoluto do movimento sleeveface, buscade nas vosas discotecas , na dos vosos pais ou avós porque o gz-sleeveface ten que ser unha realidade....ahí van unha ideas:


O mestre Xil pónolo a "huevo" cunha posición frontal , vestindo unha camisa a xogo e unha vaqueiros xa temos niquelada a fusión sleeveface.


Pero para os que queiran un plus de atrevemento , pode haber algo máis poderoso ca fusionarse en corpo e ialma co mestre Pucho?, cunha posición un tanto ladeada e ollando ó horizonte lonzano Pucho nista capa estache pedindo a berros que vistas a camisa a xogo cuns panatalóns de pata de elefante e te fusiones dunha puta vez!!


Pero atención porque se o sleeveface no ambito masculino se centra na camiseta ou pantalóns a xogo no eido feminino entran en xogo moitos máis elementos como se pode comprovar nista insinuante capa de grande Ana Kiro cun floreado vestido e no que a sleevefacer terá que esforzarse para retomar as costas da artista galega e por suposto manter a sensualidade dista espectacular portada. Sleeveface , non te cortes.... ponlle corpo á súa cara!!