Freitag, Juni 26, 2009

WHO´S BAD?? E A INFLUENCIA DE MICHAEL JACKSON NA MÚSICA GALEGA.......


Co cadaver de Michael aínda quente sobre a mesa de autopsias surxe a pregunta inesperada incluso para os avanzados que poñen os ollos nistes regos escritos, tivo algunha influencia o cantante de Indiana na música galega? , pois dende ista non redacción podemos afirmar que si , e moi grande, falo en carne propia e nun contexto tan surrealista como primario, Michael Jackson influenciou grandemente ós Skornabois nise sempre inconcreto tempo do arrinque. Nos primeiros ensaios na mítica Casa Vella Records con latas e guitarras estarteladas e sen afinación ningunha houbo un dos compoñentes do combo primario chamado Xaco , atención á similitude con Jacko , nome co que os fans denomicnan ó ídolo finado , pois Xaco nunha espectacular sesión de Kapela-Punk entre bourelo de bidóns entoaba ise mítica pregunta .... Who´s Bad ?? e toda a blues band respostabamos....eu son de nestlé!!.... , Biezóns Jacko por querer ser branco e a nós facernos negros!!