Os problemas de Moj e da colonia ex-soviética que invadíu o espanyol a comezos da década dos 90 son os radicalmente inversos ós que levaron á tumba a Jacko, segundo o máis ca referencial web sobre o futbol con pelota cadrada chamado O Traveseiro , Moj e cía eran acusados no clube catalán de puteros e borrachos cousa ate aquí normal o máis impactante foi que os propios xogadores o dixeran publicamente. Pois parella ás aventuras de Moj e dos seus compañeiros , nista etapa que podemos denominar pre-bravú ; por nomear a nomencletura que utilizan Machina no seu novo disco, un grupo de rapaces dunha aldea do norte do país comezaban a bourar e coma os rusos do espanyol comezaba a ocupar as páxinas da prensa sensacionalista.... O Traveseiro totalmente impactado polo documento que destapou a influencia de Maicol na música galega remítenos iste documento histórico para deleite de toda a larada. Nistes últimos días estase a falar que Jacko tiña en mente formar un grupo cos seus fillos e chamarlle os Jackson Four , un retrouso que se pode utilizar para ilustrar ista espectacular foto da prehistória do bravú no que uns Jackson For de "Villanueva de Lorenzana" preparaban a súa coreografía diante dun tendal dispostos a invadir un país que agardava coas pernas abertas.
O teu último post lembroume que entre toda esa miscelánea de inmundicia con valor nostálxico que arquivo con agarimo no meu durmitorio-cortello tiña algo referente aos Skornabois. Estaba no certo, unha breve reportaxe a tres páxinas do suplemento dominical El Semanal de 28-4-1996 acerca do Rock Bravú, titulado "Arde Galicia". Supoño que xa a terás, mais por se acaso, envíoche a imaxe escaneada da banda, cun arrepiante pé foto: "Skornaboys. Formación de Villanueva-Lorenzana (?)". Claro que puido ser pior, puideron chamalos Los Ciervos Volantes.
Mais tampouco sodes os únicos aos que os sitúan en sitios que non existen, pois meten a Xenreira en La Estrada e a Os Papaqueixos en La Coruña. Trala sorpresa incial, quédome máis tranquilo cando comprobo o nome do que escrebe a crónica, o inefábel xornalista Luis Ventoso.
BEIZÓNS TRAVESEIRO....de coñecernos antes seguro que podía rematar o álbum no que só me quedou fóra o cromo de Pinín , ise puto xogador do valladolid fodeume de carallo!!