Dienstag, Februar 10, 2009
SACHOS E DANZAS NUN ESPELUZNANTE REALITY NUNHA LEIRA EN MEDEIROS!!
A istas alturas da película , que salte un asasino en serie que linchou a tiros ós pais cando era un adolescente non lle ten que extrañar a naide, é o sino dos tempos e a dictadura das audiencias. Na Galiza o reality transladouse ás rúas de Compostela co espectacular acoso policial ós ridilulistas e a posterior limpeza etnica para tinxir de vermello-sangue a alfombra sobre a que pasearon os monolinguistas españois. Pero se espeluznante foron os feitos , nen un asasino en serie supostamente domesticado e preparando para ser unha mega-estrela televisiva nen os botellíns sen vaso polo ar de Coimpostela causaron nen mínima parte de impacto que a pelexa familiar protagonizado por fillo e neto que coma lobos se arrebolaron sobre o avó que estaba sachando na leira. Problemas de lindes e rencores soterados durante moitos anos semellan estar detrás dista agresión , as veces o ridiculismo é un perigoso bumerán e do atinado de Compostela batemos coa realidade de Medeiros no concello Ourensán de Monterrei. Ovós agredidos mentras Vicequin afirma -Os vellos teñen dereito a divertirse e estou orgulloso de bailar con eles, vellos agredidos brutalmente mentras Quintana fai oposicións nos asilos do pais para Fama a Bailar , Operación Toni Manero ou Mira quién Baila, votade malditos votade, que unha vez pase o 1 de marzo , bailarei tamén sobre a vosoa tumba!!