Donnerstag, Februar 12, 2009
ATRAPADOS NO LUME DAS TERRIBLES CUÑAS DA CAMPAÑA ELECTORAL!!
Coma o koala desidratado Sam , así estamos tamén nós atrapados no medios das chamas da campaña electoral que agora comeza, paro máis ca isa botella de auga coa que o bombeiro lle dá cariñosamente a Sam para aplacar a terríbel sede do lume, imos necesitar cubatas a caldeiros porque depois de sentir na radio a cuña electoral do PP na que unha señora pide o voto dicindo que ise foi o partido que troixo á galiza a "segureidá soceal" mentras que os outros non suberon parar os "encendios nen as readas" , cremos nista non redacción que é algo sinxelamente insuperábel , que comecen a tremer os creativos da campaña de Obama!!