Montag, Juli 21, 2008

+ U_MÄ !!

Coma nunha road movie sanguenta de regreso da semana negra ..... agardando a invasión de Lagartija Nick do esceario do FIB e mentras Enrique Morente comezaba a esfolar a Lorca tan cru coma o cabalo dun xitano, Tomás Fernando Flores e Julio Ruíz de Siglo 21 e Disco Grande respeitivamente comentaban a xogada na retransmisión de Radio3 , xusto cando atronaban xa os bafles do carro coa distorsións da lagartixa só os listos de producción de R3 se lles ocorre trocar de esceario e de festival e chantar a putísima merda de pirineos sur. Instintivamente busco no dial o alentó de Radio Oceánica ... e alí estaban dúas feras fronte á alcachofa , simplemente un luxo que no recuncho da Radio Galega Música se poida desfrutar de Sak e Uxío e-music e c´mmons respeitivamente que coma dous ciclistas totalmete dopados avanzaban sen compasión sobre uns desfondados Tomás F.Flores e o dj rojiblanco que a isas horas da noite pedían a berros a piltra dun asilo e non os focos dun festival internacional. E se de Benicassim xa se sabe que nada se pode esperar .....na Radio Oceánica sucede todo o contrario , na estrada de noite atoparse coa máxia Error de U_MA , espectacular descuberta Lo-Fi da man de Uxío despois de esquivar coma Garrincha na banda os embites dun técnico torpe , é para sentirse orgullo da nosa canteira de locutores que pide a berros un merecido ascenso a primeira!!