
Espectacular acción anti-imperialista de
podcrossing galego xusto diante das portas do Corte Inglés na cidade da Coruña , no marco das actividades do
Billarda All Stars 2008 , despois do xantar de reunificación entre o Leste e Oeste un comando podcasteiro deixou a momentaneamente a tribu de palandores para abandoar á súa sorte un explosivo cd que contén no seu interior o mítico
Ouveos na Randeeira xunto coa última edición de
Ouveos na Noite intitulada Ouveos contra as batidas , un documento único que abandoa a rede e as toxeiras dixitais para invadir a selva de asfalto dentro da gaiola dun reproductor de CD que deixará atónito ó elexido ou elexida .....
escotao e pásao!!