Dienstag, Februar 26, 2008

SATAN VS MAHOMA , O CARA A CARA DO DESERTO QUE DESAFÍA O BRUAR DOS CANDIDATOS!!

Apretando os dentes e desafiando a chuvia de insultos dos islamistas, fomos moitos os que enfundados en pantalóns de pitillo e armados coas nosas barbas de chivo demos as costas ó exercito de ineptos en campaña electoral no que candidatos atoproclamados coma Obama palidecen ó tomar as curvas á saída de Vilalba. Un auténtico cara a cara foi librado nas areas da pequena vila do norte marroquí , no escenario de Sidi Kacem citáronse Satam e Mahoma para contrastar programas, . A maior parte dos habitantes de Sadi Kacem nunca viran antes unha guitarra electrica ate iste pasado fin de semana , e semella que non lles prestou moito a xulgar pola indiferencia e o pavor que demostraron os curiosos que se achegaron ate o recinto no que se celebraba o mais importante festival de heavy metal do norte africano.O espectáculo comezou con só unhas ducias de afrometaleiros entregados á música do demo brincando entusiasmados pola música do grupo marroquí Xenophiliya .
Ser roqueiro nun país musulmán conleba moitos atrancos xa que son común os encadeamentos masivos a membros dos grupos e das discográficas que distribúen iste material que supostamente incita á depravación e á corrupción moral. Entre Arxelia e Marrocos non suman máis de 20 grupos e para atopar outro exemplo hai que percorrer o continente ate Botswana donde están os poderosos Crackdust ou Metal Horizón. é así a cousa , mentras
occidente se empeña en consumir música e líderes coma Obama surxidos das areas do sempre perigoso deserto africano, ós nosos irmáns subsaxarianos négaselle o dereito á un futuro metálico polo que se ven obrigados a subir cos amplificadores nos caiucos para poder sentir sen o acoso de Mahoma , o poder do deus heavy que levan dentro. Pese a todo , nen con isa distorsión inmigrante soando a tope, deixaremos de ouvir o maldito ruxir dos discursos requentados dos candidatos en campaña . Horizontes afrometálicos como alternativa ó bruar dos candidatos!!