
Nistes tempos no que o frío intenso invade o ósos , leña coma a que se repartíu ista semana nos corredores da universidade de compostela é un antídoto perfecto para combater a xeada que nos tentan impor dende a metrópole. E como alicerce distes golpexos
OUVEOS NA NOITE, únise á larada adoecida de manifestantes con raiba cun exclusivo nano-ouveo emitido iste mércores no
Viraventos de Rafiofusión en forma de esgarro antiepis

copal no que o novo cardeal de Lugo e a cerimonia oficiada polo seu tío Rouco Varela son o punto de mira diste
explosivo nano-ouveo. Nun intre no que Socorro Cea , a alcaldesa de Melide foi elexida coma nova directora xeral do EMUGA , a rede de emisioras locias polas cales se emite a programación de radiofusión que temén pode ser seguida dende o seu web , agardamos que despois de sentir esgarrar ó perigoso Mandril Nas Ondas sobre o altar , non se lle ocorra retirar de antea iste inaudito espazo semanal de análise alieníxena da actualidade galega e mundial. Se queredes ver a dios , achegádovos irmáns..... que o mandril ten o copo preparado coas radioactivas ostias recén sacadas dos escombros de confusión dos estudios Grozni
, e se che prestan cada mercores máis no explosivo Viraventos ó cal tes que estar abonad@. E atentos porque pronto chegará o e-book recopilatorio de textos do Mandril Nas Ondas / etapa e-music.