Miles de persoas acibabanse no corazón da capital otomana contra a nova lei que permite ás mulleres levar velo nas unversidades e instiruciós públicas. unha marea de bandeiras turcas, centos e centos (estes si que son nacionalístas) de bandeiras vermellas abaneadas ao vento. bandeiras á venda en cada esquina. mítines. eu non entendía nada pero sentía a chamada da revolución: non ao radicalismo musulmán! a revolución ferve na avenida do gran Atatürk-fundador da república en 1923 e morto de cirrose poucos anos despois-. a policia, corpo moi respetado nesta nación, flanquea con barreiras a multitude filtrando a xente a través de portas. para entrar os homes unhas e outras para as mulleres. aló vai a representante de santo adrao. párana. cacheana. meteronme un sobe que hai ben tempo que non me soba así nin un querido! sigo. volvenme a parar e valeiranme o bolso. puxeronmo co de dentro para fóra. e eu pregunto por qué. pois resulta que levo un abrigo verde, que seica é un símbolo pro-armenio. lévanse a matar. teñen a fronteira pechada e todo. meu deus! confundida cunha armenia! a xente mirabame raro. que grande é ankara! viva atatürk! no momento himno nacional todo o mundo cantando cos brazos estirados a carón do corpo e os puños pechados. eu tamén!!
Freitag, Februar 15, 2008
EXCLUSIVA MUNDIAL: CHEGA O MANGAL DE ANKARA , OLLADAS GALEGAS BAIXO O BURKA!!
Chegan ate istes regos escritos e en exclusiva mundial as crónicas de urxencia do Mangal de Ankara, ollos galegos baixo un burka que transitan camuflados pola cidade de Ankara, O Mangal , é a versión Turka dunha currasqueiría, é por iso que vos poñades cómodos para saborear iste extremecedor prato sevido con foto sacada ás agachadas baixo o burka , nen CNN nen Al Yasira , chega en exclusiva mundial O MANGAL DE ANKARA, olladas galegas baixo o burka en Akara: