Mittwoch, November 07, 2007

GOMINOLAS E A XERACIÓN XABARÍN!!

Cuatro estreou iste martes unha nova serie baseada nas patéticas vidas duns membros dun grupo infantil que nos oitenta acadara un enorme éxito e que despois de varias décadas se voltan atopar por mor da morte dun dos seus membros femininos polo que surxe a idea da reunificación nun concerto benéfico a para sacar fondos destinados ó neno que deixa orfo a morta. Susxace inevitábelmente a pantasma de Parchis e enlaza coa teima dos últimos anos de reunificacións masivas de grupos lexendarios ou non tanto de voltar a dar concertos e reviver sensacións que nas aventuras ou acticvidades actuais non se poden acadar. A serie é ó noso entender simplemete xenial , outro oasis na grella televisiva ó carón de Muchacada Nui , e trata un aspecto da vida na que a Galega Televisión nunca tratou e nunca poderá facer, na galiza nunca existíu un auténtico fenómeno fan e menos orientado en grupos xuvenís , a teima de convertir e de exprimir ó xabarín en refernte xeracional parécenos unha gilipollez , chega con escoitar a xeración shongoku de extrarradio , a única volta de folla que a galega podería facer era amosar o fracaso disa xeración , amosar como se amosa en gominolas a isa xeración xabarín empada en drogas , alcohol e subsistindo con contratos lixo ou no paro e o peor de todo , falando e sentindo en español , iso é o que debería estar na grella da galega non toda a merda de sustrato fraguista que invade todas as infumables series que aparecen pola galega...... iste mércores na sexta comeza The office.