Dienstag, Oktober 30, 2007
OS NOSTÁLXICOS DA FAME E DA CHICORIA!!
Nos tempos da fame , a chicoria foi o complemento perfecto para corear e enriquecer o máis pobre dos cafés posibles, chicoria dixital é o que se pode saborear na máis que confusa e tensa nova entrega do podcast galego de autor , voltaron os ouveos na noite xunto coa súa larada adoecida de ouvintes nostáxicos dos tempos da fame, dos plásticos e da sempre perigosa chicora. Dende o máis escuro dos refuxios da cidade de Grozni amosamos a noso pleno empeño en resistir como sexa os xostregazos do imperialimo mediático convencional polo que convidamos a un café de chicoria a todos os que sintonizástedes coa emisión pese ós terribles desvaríos sonoros na nosa última edición, contra o feiximo das FMs , podcast e emisoras árabes da AM!!