Donnerstag, September 13, 2007
QUE BEN MORRES CABRÓN!!
A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, que comenza iste sábado ten como un dos seus principais eixes unha homenaxe ó actor Frank Braña, un dos actores cuxa filmografía é inabarcábel xa que ronda os 300 títulos , westers na súa gran maioría e películas de acción nas que en absolutamente todas Frank resulta morto. “Los buitres cabarán tu fosa” é un perfecto exemplo disto no que o actor nado en Pola de Allande morre dise xeito tan real e inimitable do que Mofa e Befa chegaron a decir nos seus espectáculos que Frank Braña morría tan ben nas súas películas que ate cheiraba. Mentras en Manila o noso admirado presidente Joseph Estrada libra polos pelos da pena de morte pola súa controvertida xestión á fronte do gobernó Filipino en Lugo apreséntase unha ocasión única para por fin lixar de sangue a moqueta das salas de cine luguesas. Semella que a febre do suxo de cine de serie B infectou co seu olor a morto incluso ás patrulla do execito español contratada por medio rural para a loita contra incendios que se estrelou no concello de Baralla , moi preto da cidade da muralla donde ista fin de semana de seguro que vai ulir a morto , que ben morres cabrón!!