
Coa resaca da celebración do primeiro try da historia acadado por Pedro Coelho nun mundial de Rugby zimmer103 ademais de ter un ollo posto no descurrir do eurobasket torce o outro cara a franza para divisar as evolucións da selección Portuguesa no mundial de rugby que pese a caer 56 –10 no seu debú fronte a Escocia promete dar guerra e emoción nun complicado grupo clasificatorrio no que terá que bregar na melé contra as potentes Nova Zelanda , Italia e a clásica e experimentada Rumanía. Ë un feito que os medios estándar galegos olvidan istas competicións e centran os seus esforzos en promocionar isa puta Vuelta a España que lixou as nosas estradas no seu comezo de andaina, a Volta e o ciclismo en xeral está a ser a disculpa para que grandes empresas e empresarios especuladores branqueen cartos dos seus suxos negocios inmobiliarios, co beneplácito das autoridades deportivas galegas que lles aplaudes e lles poñen alfombra vermella para que os doentes e explotados da ruta se paseen impunemente polos nosos camiños de alquitrán.Para cando o primeiro try galego nun mundial de rugby?.....
cando a mafia rusa apoie iste deporte a xunta irá detrás pegadiña e bicando da súa man.