Donnerstag, August 30, 2007

SURFISTAS E NUTRIAS EN CÁMARA LENTA [ RECEITA PARA XANTARES ATÓMICOS ]

Co canto dos mellores gorrións da Galiza coma única música posíbel para unha exquisita velada de treboadas , varios membros dista non redacción déronse cita ó redor e debaixo dunha mesa para para directamente da sartén cear os ovos e xamón do pobo. Do sufrimento cos pés ferbendo do deserto australiano e co delirio dos aborixes alcoholizados aspirando no pegamento os dous surfistas en cámara lenta arrincaban coa navalla do desexo os lámparos dunha vella excitada na mesa. E polo río axitado diante dos nosos ollos borrosos pasaron troitas de cores ácidos e anguías eléctricas que impulsaron a nosa fame sen fronteiras cara ó levantamento das vedas do noxo. E coma experimetados sherpas buscando o sempre perigoso cumio , apareceron ante nós coma por arte de maxia a figura temeraria dunha enorme larada de nutrias galegas salvaxe, preguntado instintivamente polo surfista con brazo de xinato sobre o sabor do porcoteixo e sobre posibles similitudes coa nutria , hoxe e con milleiros de ollos chantados nistes cada vez máis fondos e escuros regos escritos despelexarémola dúbida para de novo estabilizar a grade na que surfeamos as olas e o asfalto do cantábrico. A carne diste animal é vermella e pola súa alimentación exquisita de troitas e ras non necesita un tratamento especial para curarlle o terrible sabor a cebrío. Teñen unha carne moi tenra que se presta para o asado á parrilla ou ó forno, pero hoxe, bucearemos baixo augas turbas para capturar unha receita coñecida coma Nutria á Criolla.... atentos á xogada