Donnerstag, August 30, 2007

Na canle de televión Discovery Travel existe un programa chamado viaxar e comer, apresentado por un tal Andrew Zimmern , poida que sexa unha mensaxe para os ineptos da Galega para que den un paso adiante e contraten a un dos exploradores gastronómicos dista non redacción para un programa de cociña extremo pero como sabemos que iso nunca será posíbel , seguiremos con envexa as aventuras de prato en prato de Zimmern que tanto zampa en Filipinas un embrión de pato, como en Alaska unhas perdices cociñadas nun motor dun coche como en marrocos arremete uns ollos asados de cordeiro, pero Zimmern descubríu ó mundo unha oculta recita recollido no máis profundo de Nova Orleáns , co mellor e máis castigado blues coma única b.s.o posible o noso heroe televisivo destapou a receita da Nutria ó estilo Cajún. Por desgraza non temos o video nen a receita dise extraordinario plato polo que imos mostrar como xa comentamos a Nurtria á criolla servida en vandexa de plata por Isabel de Fernández unha arxentina que rexenta un criadeiro de nutrias no estado de Córdova.

NUTRIA Á CRIOLLA

Troceamos a nútria e metémola nunha pota mediada de auga, metade dun pociño de aceite, dúas ceboas cortadas en pedazos, sal e pimenta, unha cullarada de zucre, perexil, allo e dous tomates cortados en rodaxas. Unas patacas peladas en cachos e medio vaso de viño , tápase a pota cando empeza a ferver agradar 1 h para servila e meterlle o dente. BON APETIT!!