Donnerstag, August 09, 2007
OS RISOS E A FODA COMA TERAPIA CONTRA AS ILEGACIÓNS NOS KIOSQUES E NAS RÚAS!!
Corren días de ilegalizacións masivas nos Kiosques e nas rúas do estado español, se todo se inicoiu polo secostro do Jueves, a oleada de represións masiva exténdese das rúas de Ferrol ós canellóns de Amorevieta nas terras da irmá Euskal Herría. Dende o PP ferrolá téntase por toda costa impedir un concerto na cidade da histórica banda Romana Banda Bassotti por presunta apoloxía do terrorismo mentras que o brazo armado do PP basco , a AVT tenta impedir apelando á fiscalía a ilegalización e suspensión urxente do homenaxe que os seus veciños queren dar ó gudari Pelopintxo falecido fai uns días víctima dunha longa enfermidade. Un membro dista non redacción invade istes días de carraxe os kiosques da man do único xornal comprometido coa independencia , Novas da Galiza, que publica iste mes no seu suplemeto Tempos Livres , há que molharse , un golpe nos dentes á política deportiva artellada dende a xunta dirixida ó eido do deporte tradicional e unha labazada tamén ós medios de conunicación estándar que tentan calar o sufrimento nas pista de xogo, pero nista edición do Novas aparece un artigo asinado por Fernándo Silva Sande dende o cárcere de Fleury Merogis que proclama o riso e a foda coma terapia contra os males daqueles que nos queren foder , no peor senso da palabra. Os membros do PP semella que se rin pouco e foden menos, polo que dende ista non redacción animámolos a que se relaxen e se deixen levar pola terapias de choque promulgadas dende a Franza por Silva Sande. zimmer103 polas terapias alternativas para combater o imperialimo!!