Donnerstag, August 02, 2007
O NOVO GURÚ DA FAST-FOOD QUERE COMPARTIR A TÚA MESA , OU PEDRA... OU O QUE SEXA!!
A sempre perigosa entrada no mes de agosto , supón a inmersión absoluta nos quentes do verán, na masiva colonización das nosas barras polo turismo imperialista que arrasas as racións de tapas e como non polas tradicionais inxestas cando imos de invitados ás festas coa colonial B.S.O das putas orquestras que suben ós palcos móbiles para interprepar os seus noxentos pasodobles españois . Pero ZIMMER103 non vai quedar de brazos cruzados ante semellante atropeio e reivindica a figura de Douglas Barahoma , denunciado pola sociedade Mundial para a Protección Animal dende ista non redacción queremos unirnos á súa cruzada por outro xeito de entender a alimentación humana, máis aló do canibalismo e da zoofilia , Barahoma un experto coidador de touros de Coste Rica , descubríu fai uns anos froito do azar un novo e excitante xeito de comer , érgome e almorzó calquera cousa que ande por alí, unha pomba, un polo, un merlo....... o que sexa, agarroos, arrincolles a cabeza e tomo o seu sangue primeiro e despois é cando os como, iste veciño da comunidade rural de Cañas aliméntase única e excusivamte de animais vivos, foi unha cousa que naceu así da nada, ocorreuseme e punto, cando como un animal vivo síntome con mási enerxía, máis forza para dominar os touros, o sangue morno dáme isa forza que necesito. Á igual que ise doente galego ó que médico lle aconsellou comer cousa lixeira e decidíu inxerir lebres, o concepto da fast-food no noso heroe costarricense acada unha absoluta e ate o de agora descoñecida dimensión, gatos , cans , cobras e ate sapos son platos exquisitos para o paladar diste arriscado e incomprendido groumet do caribe. Douglas esconde o seu xeito de alimentarse á súa avoa coa que convive pero declarou á delegación conca-caf dista non redacción que lle gostaría achegarse ate a Galiza para probar os exquisitos manxares que se móven polos montes e corredoiras do noso país...... zimmer103 apoia a Douglas na súa cruzada por espallar o novo concepto da fat-food e anima á micro-comunidade de mandrís adoecido que tramite os papeis para convidar a iste novo gurú da fast-food á mesa cando sexa a festa na súa parroquia , vila ou cidade e polo sentado ó carón dise parente escrupuloso que nada lle sabe e todo lle cheira, a febre caribeña do fast-food ameaza con invadir as festas da Galiza, ollo a todo o que mova que @ papamaos!!