Donnerstag, Mai 31, 2007
UNHA ESPAÑOLADA DE KARAOKE!!
Poida que Bieito Lobeira sintonizara iste luns a Radio Galega Música no seu coche estartelado durante o transcurso da súa viaxe dende Compostela ate Ribadeo para asistir á búsqueda do corpo do mariñeiro desapareciso xunta á Illa Pancha , a ollada do mandril cruzouse coa do deputado e poida que fora ise estalo de luz o que producira que Bieito falase cando de seferíu fai só unhas horas á RGM coma unha ESPAÑOLADA DE KARAOKE. Faltan toxos para enviarlle a un dos poucos deputados dignos diste agasallo, a nadie de ben lle ten que escocer ista grande verdade, unha emisora coñecida por ser un auténtico cemiterio de elefantes, con decapitados coma Xusto López Carril e con zombis coma o que asoma en estudo 3 . Nen as disculpas de Benigno Sánchez nen a parsimonia de Freire son desculpas para non dinamizar xa unha canle que pide a berros unha completa remodelación . Unha ridícula grella mantida a contagotas e con un presente e futuro máis negro que a música de modus vivendi está adoecida dunha urxente reestructuración e a chegada ós micros de novos profesionais e con diferentes criterios. De seguro que a moitos lles fode, pero é a primeira vez que un político non fala dos xornais da radio ou da t.v galega , senón que fala de música e do puto Karaoke español que soou co PP e que continúa a resoar nos malditos transistores. Orquestra vacía quere decir Karaoke en xaponés......