Dienstag, Mai 29, 2007

TERRA GALEGA A GRAN BENEFICIADA DO LINCHAMENTO POLÍTICO DO PzTG!!

As milicias de votantes do Partido Zulú das Terras Galegas desprazadas ate os colexios electorais víronse totalmente inhabilitadas para exercer a seu dereito polas forzas de represión españolas que dun xeito brutal e silenciado polos medios oficiais foron brutalmente apaleadas cando amosaron o carné galego coma único xeito de identificación posíbel ante a mesa electoral. Ista oleada de violencia contra os militantes do PzTG fixo que moitos votantes despois de percorrer centos de km. a pé ou en burra vella dende os zulos decidiran rachar coa disciplina de partido e votar de xeito furtivo a Terra Galega, unha formación totalmente descoñecida para istes desinformados refuxiados da carraxe pero que foi masivamente confundida por unha das posibles carantoñas electorais donde se ían esconder os membros do PzTG no caso de seren ilegalizados. Case 34 mil votoantes abrazaron Terra Galega por confusión e se sumamos os preto de 20 mil do PG son unhas aproximadas 54 mil ostias á frente do nacionalista que goberna Galiza e que vendo como Esquerda Unida , que se cría esmorecida no país, irrumpe con forza en cidades clave coma Ferrol. Dende o PzTG aturuxamos forte para que o independentismo superado xa aquel fallido proceso espiral tome forma e posicións para con unidade afrontar as próximas eleccións nacionais.