Mittwoch, Mai 16, 2007
O CIBOR-XORNALISMO REVÉLASE CONTRA A UN OBSOLETO DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
Dende a recentemente creada tribo alieníxena de fanáticos da Randeeira enunciamos a urxente posta en marcha das accións pertinentes para que o vindeiro 17 de maio do 2008 , o día das letras galegas sexa adicado ó mentor do recentemente pechado espacio web A Randeeira. Dámos polo tanto un paso adiante para destrozar o obsoleto criterio que rixe niste día homenaxeando exclusivamente a escritores en galego mortos dende fai máis de 10 anos. Dende ZIMMER103 propomos coma candidato pois ó home que empurra da Randeeira , escritor máis que vivo e rabeante , referencia absoluta do novo cibor-xornalismo galego que suporía tamén un tremendo lampreazo nos dentes para os plantexamento anacrónicos que rexen na RAG xa que sería a primeira vez na historia que se adica o día das letras a un escritor que nen utiliza un bolígrafo nen o papel. A Randeeira , mestre absoluto do novo cibor-xornalismo radical galego!!